domingo, 15 de noviembre de 2015

6. GALICIA NO SÉCULO XVIII

6.1 CARACTERÍTICAS SOCIAIS, POLÍTICAS E ECONÓMICAS:

 No século XVIII, a poboación galega tivo un crecemento grazas ao desenvolvemento da agricultura e á industrialización.

Na segunda metade do século,un grupo de autores e institucións trataron os problemas de Galicia.

SITUACIÓN SOCIAL:
 A sociedade continúa ser estamental.

Composta por: Priviliexados: Nobreza, clero e fidalguía.

Non priviliexados: Labregos, comerciantes, artesáns, mariñeiros e funcionarios.

 Galicia estaba moi poboada neste século, orixinou desequilibrios entre os recursos e a poboación polo que provocouse unha intensa corrente migratoria: traballadores temporeiros cara a Castela e Portugal, e definitivos a Madrid e Portugal.

 SITUACIÓN ECONÓMICA:
 A agricultura galega incorporou novos cultivos, como por exemplo, millo e pataca.

Tamén reafirmou as vellas estructuras organizativas: os contratos forais, as rendas en especie e as pequenas explotacións.

A industrialización, en Galicia no século XVIII, abarca diferentes actividades: A elaboración do ferro, os estaleiros, as fábricas de louza e as de sombreiros, e os curtidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario